Economía circular inclusiva

Dende 16 de maio, 2024 - Ata 16 de maio, 2024

Cegasal e Aeiga organizan a xornada "Economía circular inclusiva. Promoción da economía social no ámbito da economía circular" no marco da Rede Eusumo

Categorías: Outra

 

Data: 16 de maio.

Horario: de 09:15 h a 13:30 h.

Modalidade: presencial.

Lugar: Edificio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).

 

Obxectivos: 

  • Promocionar o coñecemento sobre a economía circular.
  • Integrar a economía social como modelo empresarial clave.
  • Explorar como os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e as Empresas de Inserción empregan a economía circular para fomentar a inclusión laboral de colectivos vulnerables, promovendo emprego e prácticas sostibles.
  • Explorar sinerxías entre economía circular e social.
  • Estimular a creación de novas iniciativas e modelos de negocio que se aproveiten das vantaxes da economía circular e social para desenvolver solucións máis eficientes e sostibles.

 

Persoas destinatarias:

  • Empresas que traballan na economía social e/ou na economía circular.
  • Público interesado en xeral.

 

Máis información: visita a web cegasal.com ou aeiga.org

 

Para calquera dúbida, podes contactar a través de info@aeiga.org ou info@cegasal.com


Programa

Outra

Voltar