E ti, coñeces a fórmula? | Charla

Dende 02 de agosto, 2024 - Ata 02 de agosto, 2024

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a charla "E ti, coñeces a fórmula?" no marco da Rede Eusumo e do Programa de Emprego, formación, educación e economía social (EFESO) do FSE+

Categorías: Outra

 

 

Data: 2 de agosto

 

Horario: de 09:30 h a 12:30 h

 

Modalidade: presencial

 

Lugar: Concello de Boiro

 

Obxectivos: 

 

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

 

Programa e contidos:

 

  • Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende
  • A cooperativa dentro da economía social
  • Os principios e valores cooperativos
  • Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas
  • Emprende en cooperativa: apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en emprendemento cooperativo

 

Persoas destinatarias:

 

  • Persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo

 

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de porrino@polosemprendemento.gal


Programa

Outra

Voltar