E ti, coñeces a fórmula? | Charla

Dende 04 de xuño, 2024 - Ata 04 de xuño, 2024

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a charla "E ti, coñeces a fórmula?" no marco da Rede Eusumo e do Programa de Emprego, formación, educación e economía social (EFESO) do FSE+

Categorías: Outra

 

Data: 4 de xuño.

Horario: de 10:00 h a 13:00 h.

Modalidade: presencial.

Lugar: Escola Municipal de Artes e Oficios (Vigo).

 

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

 

Programa e contidos:

  • Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende.
  • A cooperativa dentro da economía social.
  • Os principios e valores cooperativos.
  • Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas.
  • Emprende en cooperativa: apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en emprendemento cooperativo.

 

Persoas destinatarias:

  • Persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo.
  • Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria.
  • Alumnado universitario e de programas de emprego e formación.

 

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de ramon@espazo.coop


Programa

Outra

Voltar