Dende 08 de xullo, 2025 - Ata 08 de xullo, 2025
Neste obradoiro sobre análise de datos, descubrirás os conceptos clave para interpretar e visualizar datos de maneira eficiente. Para iso traballaremos nun caso práctico no que poderás analizar a túa empresa e avaliar o progreso cara aos teus propios obxectivos.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
🗓️ Martes, 8 de xullo | 19:00 - 20:30 h
📍 COE. R/ Rafael Alberti.º 4 Baixo, A Coruña
Unha parte fundamental do desenvolvemento dun negocio para que siga medrando é visualizar e interpretar os datos de alcance e vendas para poder tomar as mellores decisións para a empresa.
Nesta xornada, da man de José Antonio Gayoso, coñecerás todas as ferramentas e claves necesarias para analizar estes datos. Con el, poderás adquirir as aprendizaxes clave de máis de 20 anos de experiencia no sector das tecnoloxías da información.
Aprenderás conceptos clave da análise de datos, e como traballalos a través de ferramentas como LookerStudio sacando o máximo proveito ás súas funcionalidades. Poderás crear as túas propias representacións de datos para plasmalos de xeito claro e efectivo, e a formación rematará cun caso práctico aplicado á túa propia empresa para medir os teus obxectivos poñendo en práctica o visto no obradoiro. Así poderás dominar ferramentas como LookerStudio e comprender os principios básicos da visualización de datos para que os poidas aplicar no teu negocio.
Consigue as ferramentas que te acheguen aos teus obxectivos empresariais, e inscríbete.