Dende 23 de setembro, 2024 - Ata 23 de setembro, 2024
O Polo Coristanco, en colaboración con centro de formación Aerocámaras e John Deere, anuncia unha xornada sobre as oportunidades que as novas tecnoloxías, como os drons e o Internet das Cousas (IoT), ofrecen no ámbito rural
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Coristanco en colaboración con John Deere e Aerocámaras, un centro de formación de pilotos de drons, buscan ensinar as posibilidades das novas tecnoloxías no rural galego.
As persoas emprendedoras interesadas en asistir á formación poderán aprender máis sobre drons, o Internet das Cousas (IoT) e como optimizar os procesos produtivos no seu negocio rural. Ademais, é unha interesante oportunidade para establecer contactos con outras persoas emprendedoras da contorna.
O programa será o seguinte:
10:00-10:10 h. Rexistro e benvida.
10:10-11:00 h. Drons na agricultura e gandería: oportunidades de emprendemento. Participan: persoal técnico de John Deere.
11:00-12:00 h. Marco legal e normativo para o uso de drons en agricultura. Participan: persoal técnico de Aerocámaras.
12:00-12:30 h. Pausa café e networking
12:30-13:45 h. Demostración Práctica. Participan: persoal técnico de John Deere e Aerocámaras
13:45-14:00 h. Conclusións e peche
O evento terá lugar o luns 23 de setembro no campo de fútbol do Centro Social Interxeracional de A Rocheira (Coristanco)
Esta formación é tan interesante como novedosa e necesaria. Apúntate!