Domina a xestión fiscal e optimiza a rendibilidade

Dende 08 de novembro, 2024 - Ata 08 de novembro, 2024

O Polo Coristanco organiza unha actividade na que as persoas emprendedoras aprenderán sobre fiscalidade e os principais impostos, ademais de abordar as obrigas fiscais nas operacións internacionais e deducións para rendibilizar o seu proxecto

Categorías: Formación

Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)

 

 

O Polo Coristanco organiza unha actividade que ofrecerá a persoas emprendedoras da zona unha introdución práctica á fiscalidade xeral e nas operacións internacionais. 

 

A actividade busca capacitar aos participantes para xestionar correctamente impostos como o IVE e o IRPF, identificar deducións e beneficios fiscais, e comprender os procedementos fiscais relacionados coas operacións de importación e exportación, axudándolles a evitar erros e mellorar a súa xestión tributaria. 

 

O programa será o seguinte:  

 

09:40-09:50 h. Recepción de asistentes e benvida 

09:50-10:00 h. Presentación do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego 

10:00-10:30 h. Introdución á Fiscalidade para Emprendedores Obxectivo 

10:30-11:30 h. Introdución aos Impostos 

 11:30-12:00 Pausa – Café 

 12:00-13:30 h. Fiscalidade na Importación e Exportación 

 13:30-14:00 h. Deducións e Beneficios Fiscais  

 

A actividade terá lugar o venres, 8 de novembro na sede do Polo Coristanco (Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, Lugar Feiranova, Coristanco).

 

Non perdas esta actividade tan esencial para o teu negocio, inscríbete!


Híbrida (presencial+streaming)

Voltar