Do concepto á acción: cara a un produto turístico conxunto na provincia de Lugo

Dende 27 de novembro, 2024 - Ata 27 de novembro, 2024

O Polo Monforte de Lemos, en colaboración co resto de Polos da provincia de Lugo, buscan reunir novamente ao sector turístico da provincia para dar continuadade aos retos discutidos previamente

Categorías: Networking da Rede de Polos

 

 

O sector turístico de Lugo reuniuse nunha xornada previa para tratar os retos que afronta a industria. Este evento busca volver a xuntalos para dar continuidade a un reto común exposto previamente: a creación dun produto turístico conxunto que aproveite as fortalezas de cada establecemento e, á súa vez, mellore a visibilidade de Lugo como destino. 

 

Esta sesión que se celebrará o 27 de novembro na Casa dos Muros , busca concretar este produto innovador, que potencie os atractivos de Lugo e responda ás necesidades do mercado e ás expectativas dos visitantes na provincia. 

 

O programa será o seguinte: 

 

16:30 – 16:45 h. Benvida e introdución á xornada 

16:45 – 17:10 h. Dinámica de recapitulación 

17:10 – 17:40 h. Taller para a definición do produto e a súa identidade 

17:40 – 18:00 h. Seguintes pasos e peche 

18:00 – 18:30 h. Visita ás instalacións de Casa dos Muros e merenda 

 

A participación neste evento está reservada as persoas beneficiaras dos Polos da provincia de Lugo que xa estiveron na xornada anterior organizada no Polo Mondoñedo. 


Networking da Rede de Polos

Voltar