Diversificar para expandir e diferenciar un negocio turístico na Ribeira Sacra

Dende 28 de marzo, 2025 - Ata 28 de marzo, 2025

O Polo de Monforte organiza esta xornada para poñer en valor iniciativas turísticas novedosas que poden servir de exemplo para o crecemento e a consolidación de modelos de negocio emprendedores.

Categorías: Os venres dos polos

Modalidades: Presencial

 

📅 Venres, 28 de marzo | 11:00 - 14:00h
📍 Solpor Camperpark, Lugar de Pacios - Bolmente, Sober, Lugo

 

Esta actividade será un espazo de conexión e intercambio de experiencias, onde persoas emprendedoras e expertas poderán compartir coñecementos e boas prácticas. A visión de Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, e as experiencias de Cristina (Solpor CamperPark) e Noelia (Bikarte Ribeira Sacra) farán desta xornada unha oportunidade única para aprender a diversificar e diferenciar o teu negocio consolidándote no mercado.

 

Esta actividade capacitarate para...

  • Coñecer modelos de negocio innovadores na Ribeira Sacra. 
  • Explorar as oportunidades que ofrece este territorio para emprender de forma diferente 
  • Intercambiar experiencias e propostas entre emprendedores de éxito e futuros empresarios.
  • Amplificar a túa rede de contactos e fortalecer a túa estratexia de negocio.

 

Programa:

11:00 h Recepción de asistentes
11:05 h Benvida e visita ás instalacións de Solpor Camperpark
11:15 h Presentación do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Monforte
11:30 h Exposición de modelos de negocio

As empresas participantes exporán os seus modelos de negocio facendo fincapé na relevancia da diferenciación e a súa integración con outros axentes do territorio:

Visión dunha experta das oportunidades, recursos deste territorio para emprender, e os apoios do Consorcio:

12:30 h Interacción: Coloquio entre asistentes moderado polo equipo técnico do Polo de Monforte
13:00 h Conclusións finais
13:15 h Espazo de networking e petiscos
14:00 h Peche da xornada

 

Inscríbete e non deixes pasar esta oportunidade de aprender de proxectos de éxito e aplicar estratexias que marcarán a diferenza no teu negocio!


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConsorcio de Turismo Ribeira Sacra

Voltar