Dende 12 de febreiro, 2025 - Ata 12 de febreiro, 2025
O Polo de Emprendemento de Mondoñedo organiza unha sesión informativa no IES María Sarmiento de Viveiro para promover a cultura emprendedora entre o alumnado.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
Co obxectivo de fomentar o espírito emprendedor e que os mozos consideren o emprendemento como unha saída laboral viable, os técnicos do Polo de Emprendemento de Mondoñedo impartirán unha sesión informativa no IES María Sarmiento de Viveiro.
Durante o evento, explicaránse o funcionamento do Polo, os recursos dispoñibles e as oportunidades que ofrece para apoiar iniciativas emprendedoras no territorio. Esta actividade busca incentivar aos estudantes a desenvolver as súas ideas de negocio e proporcionarlles as ferramentas necesarias para levalas a cabo con éxito.