Dende 17 de xullo, 2025 - Ata 17 de xullo, 2025
O Polo de emprendemento O Porriño levará a cabo unha dinámica de difusión da cultura emprendedora coas persoas participantes no P.I.E no Concello de Salceda de Caselas, que tratará a detección de actitudes cara a desenvolver un emprendemento en áreas afíns aos seus gustos e capacidades persoais.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
O persoal técnico do Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Porriño impartirá unha xornada de difusión e fomento da cultura emprendedora no Programa Integrado de Emprego de Salceda de Caselas.
O obxectivo desta xornada, que se celebrará nas instalacións da Axencia de Colocación do Concello na localidade de Salceda de Caselas, é dar a coñecer os servizos e a metodoloxía do Polo e presentar o emprendemento como unha saída laboral aos alumnos e alumnas do programa, detectando posibles iniciativas entre eles.
ColaboradoresConcello Salceda de Caselas