Difusión da cultura emprendedora no P.I.E. do Concello de Mos

Dende 22 de maio, 2025 - Ata 22 de maio, 2025

O Polo de emprendemento O Porriño levará a cabo unha dinámica de difusión da cultura emprendedora coas persoas participantes no P.I.E. que tratará a detección de actitudes cara a desenvolver un emprendemento en áreas afíns aos seus gustos e capacidades persoais.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Porriño impartirá unha xornada de difusión e fomento da cultura emprendedora no Programa Integrado de Emprego de AEMOS en Mos.

O obxectivo desta xornada, que se celebrará nas instalacións da Axencia de Colocación do Concello na localidade de Mos, é dar a coñecer os servizos e a metodoloxía do Polo e presentar o emprendemento como unha saída laboral aos alumnos e alumnas do programa, detectando posibles iniciativas entre eles.


Presencial

Voltar