Difusión da cultura emprendedora no Obradoiro Terra Chá no camiño V

Dende 03 de abril, 2025 - Ata 03 de abril, 2025

Charla de fomento do emprendemento dirixida ás persoas participantes do Obradoiro Terra Chá no Camiño V, para identificar oportunidades locais de autoemprego.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo organiza a xornada "Difusión da Cultura Emprendedora no Obradoiro Terra Chá no Camiño V" ten como obxectivo sensibilizar sobre as vantaxes do emprendemento como alternativa real e sostible fronte á escaseza de oportunidades laborais na comarca da Terra Chá.

As persoas participantes poderán descubrir o seu potencial emprendedor mediante dinámicas grupais que impulsan a identificación de oportunidades baseadas nas súas propias competencias e nos recursos locais. Ademais, coñecerán experiencias emprendedoras exitosas próximas ,e recibirán información sobre apoios institucionais dispoñibles para o emprendemento.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConcello de Abadín

Voltar