Dende 10 de xullo, 2025 - Ata 10 de xullo, 2025
A actividade consiste na realización dun taller práctico co obxetivo de que o alumnos/as do obradoiro coñezan as ferramentas necesarias para poder incorporarse ao mercado laboral a través do autoemprego.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego do Barco levará a cabo unha dinámica de dúas horas co alumnado do Obradoiro Dual de Emprego "Valdeorras Embelece IV". Consistirá nun taller co que os alumnos do Obradoiro coñezan as ferramentas necesarias para poder incorporarse ao mercado laboral a través do autoemprego.
Nesta xornada, que se celebrará nas instalacións do Obradoiro de Emprego, búscase dar a coñecer os servizos e a metodoloxía do Polo e presentar o emprendemento como unha saída laboral aos alumnos e alumnas do Obradoiro, axudando a definir o seu futuro laboral.
Data- 10 de xullo.