Dende 06 de xuño, 2025 - Ata 06 de xuño, 2025
O Polo de emprendemento e apoio ao Emprego de Melide organiza unha actividade de divulgación, información e desenvolvemento dun taller de traballo como parte da formación integral das persoas participantes no Obradoiro de Emprego do Concello de Santiago.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
Desenvolvemento dunha sesión de traballo presencial na que as persoas participantes do Obradoiro de Emprego poidan ampliar as súas perspectivas laborais unha vez que rematen esta etapa de adquisión de capacidades laborais no eido do Obradoiro.
A sesión consta de varias fases, unha de información xeral da cultura emprendedora, outra expoñendo os pasos para emprender, desenvolvendo habilidades específicas, e rematando cunha diniámica de coñecemento que axude a reflexionar sobre o traballado durante a sesión co posterior diálogo e debate.