Dende 29 de xaneiro, 2025 - Ata 29 de xaneiro, 2025
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Baños de Molgas levará a cabo unha actividade de divulgación e fomento da cultura emprendedora no obradoiro de emprego Quintela de Leirado.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Baños Molgas, a instancias do persoal técnico do Obradoiro de Emprego de Quintela de Leirado, levará a cabo unha actividade de divulgación e fomento da cultura emprendedora co alumnado de forestal e albanelería.
Con esta actividade búscase dar a coñecer os servizos e a metodoloxía do Polo e presentar o emprendemento como unha saída laboral aos alumnos e alumnas do centro.
A visita terá lugar o vindeiro 29 de xaneiro de 09:00 a 11:00 da mañá.