Difusión da cultura emprendedora no Obradoiro de emprego Santa Agueda VII

Dende 22 de marzo, 2024 - Ata 22 de marzo, 2024

Visita no Concello da Peroxa aos alumnos do Obradoiro "Santa Águeda VII" para presentarlles a Rede de polos de emprendemento e a difusión da cultura emprendedora.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento O Carballiño, a petición da dirección do Obradoiro de Emprego "Santa Águeda VII", achegaráse ao alumnado do mesmo, para levar a cabo unha xornada de divulgación e fomento da cultura emprendedora, presentando aos máis novos a opción do emprendemento como unha saída laboral.

A través de dinámicas grupais, a actividade pretende dar visibilidade aos servizos do polo e trasmitir ao alumnado o valor de emprender a través dunha metodoloxía. A visita terá lugar o día 22 de marzo, entre as 10:30 e as 13:00.


Presencial

Voltar