Difusión da cultura emprendedora no OBRADOIRO DE EMPREGO PORTA DO XURÉS en Bande

Dende 17 de febreiro, 2025 - Ata 17 de febreiro, 2025

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Baños de Molgas levará a cabo unha actividade de divulgación e fomento da cultura emprendedora no obradoiro de emprego Porta do Xurés en Bande

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Baños Molgas, a instancias do persoal técnico do Obradoiro de Emprego Porta do Xurés en Bande, levará a cabo unha actividade de divulgación e fomento da cultura emprendedora co alumnado dos certificados de profesionalidade de EOCB0108/ FÁBRICAS DE ALBANELERÍA e MAMD0209/ TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLE

Con esta actividade búscase dar a coñecer os servizos e a metodoloxía do Polo e presentar o emprendemento como unha saída laboral aos alumnos e alumnas do centro.

A visita terá lugar o vindeiro 17 de febreiro de 09:00 a 11:00 da mañá.


Presencial

Voltar