Difusión da cultura emprendedora no IES Muralla Romana de Lugo

Dende 21 de febreiro, 2024 - Ata 21 de febreiro, 2024

O Polo de empredemento e apoio ao emprego Friol leva a cabo un taller para o fomento da cultura emprendedora no IES Muralla Romana de Lugo co alumnado do ciclo superior dual de Administración e Finanzas e do ciclo medio de Xestión Administrativa.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Friol visita a un grupo de estudantes de diferentes ciclos de FP do IES Muralla Romana de Lugo, co obxectivo de levar a cabo un obradoiro de divulgación e fomento da cultura emprendedora, fomentando entre os máis novos a opción do emprendemento como unha saída laboral.

Con esta actividade preténdese dar visibilidade á labor que presta a Rede de Polos e fomentar o emprendemento nas aulas, dando a coñecer a importancia de emprender cunha metodoloxía a través dunha actividade práctica "Ikigai" que permite detectar potenciais persoas emprendedoras.

A actividade levarase a cabo a partir das 18.30 horas, cunha duración de 90 minutos.


Presencial

Voltar