Dende 28 de abril, 2025 - Ata 28 de abril, 2025
O Polo de Mondoñedo imparte unha charla de difusión da cultura emprendedora dirixida ao alumnado da materia de FOL do IES Monte Castelo, co obxectivo de fomentar o espírito emprendedor e identificar oportunidades de autoemprego no ámbito local.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
O Polo de emprendemento de Mondoñedo imparte unha charla de difusión da cultura emprendedora dirixida ao alumnado de Formación e Orientación Laboral (FOL) do IES Monte Castelo, en Burela. Esta acción pretende achegar o emprendemento como unha alternativa real ao emprego por conta allea, reforzando a capacidade do estudantado para identificar oportunidades de autoemprego no seu contorno e tomar decisións informadas sobre o seu futuro profesional. Nun contexto como o da Mariña lucense, onde os cambios económicos e sociais afectan especialmente á inserción laboral da mocidade, o emprendemento preséntase como unha vía eficaz para xerar valor, autonomía e arraigo no territorio. A sesión combinará exemplos prácticos, reflexión participativa e orientación sobre os primeiros pasos para emprender.