Difusión da cultura emprendedora no IES Monte Castelo - Economía

Dende 29 de abril, 2025 - Ata 29 de abril, 2025

O Polo de Mondoñedo imparte unha charla de difusión da cultura emprendedora dirixida ao alumnado da materia de Economía do IES Monte Castelo, co obxectivo de fomentar o espírito emprendedor e identificar oportunidades de autoemprego no ámbito local.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento de Mondoñedo imparte unha charla de difusión da cultura emprendedora dirixida ao alumnado da materia de Economía do IES Monte Castelo, en Burela. Esta acción ten como obxectivo espertar o interese polo emprendemento como unha opción profesional viable, especialmente en contextos como o da Mariña lucense, onde a transformación do tecido económico e a falta de oportunidades laborais tradicionais fan necesario fomentar novas vías de desenvolvemento persoal e profesional. Durante a sesión abordaranse exemplos reais, promoverase a reflexión sobre os recursos e talentos do contorno e ofreceranse claves prácticas para identificar ideas de negocio con potencial de futuro.


Presencial

Voltar