Dende 13 de maio, 2025 - Ata 13 de maio, 2025
Dinámica de difusión da cultura emprendedora co fin de analizar posibles saídas laborais a través dun taller presencial centrado no desenvolvemento de habilidades
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
O Polo O Barco levará a cabo unha dinámica de 75 minutos co alumnado do IES Lauro Olmo, que consistirá nun Taller coas formas para desenvolver as habilidades persoais.
Con esta xornada, que se celebrará nas instalacións do Centro Educativo, búscase dar a coñecer os servizos e a metodoloxía do Polo e presentar o emprendemento como unha saída laboral aos alumnos e alumnas do centro educativo, detectando posibles emprendementos entre eles.
A actividade terá lugar o martes 13 de maio.
ColaboradoresIES Lauro Olmo