Difusión da cultura emprendedora - IES Lauro Olmo

Dende 20 de febreiro, 2024 - Ata 20 de febreiro, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Barco organiza un encontro para motivar ao alumnado do IES Lauro Olmo a valorar o emprendemento como saída profesional

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Barco organiza o día 20 de febreiro un encontro coa finalidade de animar ao alumnado dunha forma dinámica, para que valore a posibilidade de emprender como saída profesional.

 

As persoas participantes na Mesa Coloquio “Experiencias no emprendemento” contarán a súa experiencia no emprendemento, e as dificultades que tiveron que superar para lograr o seu obxectivo. 

 

Programa 20 de febreiro: 

 

10:30-10:35 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.  

10:35-10:45 h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Barco. 

10:45-11:45 h. Mesa Coloquio: “Experiencias no emprendemento”: 

  • Álvaro Pumares Antequera de Gallos del Norte.  

  • Sarah Jane Borcuk Cardoso de Artesanía Enxebre. 

  • Jorge Álvarez Delgado, da empresa Ton y Son. 

11:45-12:00 h. Rolda de preguntas. 

 

O encontro terá lugar no IES Lauro Olmo, Rúa Calabagueiros, s/n, 32300 O Barco, Ourense. 


Programa

Presencial

Voltar