Dende 19 de marzo, 2024 - Ata 19 de marzo, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Barco organiza unha actividade para dar a coñecer a existencia dos apoios que presta a Rede de polos e difundir a cultura do autoemprego
Categorías: Conectando o polo co sector...
O IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras dispón dunha oferta educativa con moitas posibilidades de autoemprego: Ciclo Superior de Administración e Finanzas, Ciclo Superior de Vitivinicultura (FP Dual), Ciclo Medio de Instalacións eléctricas e automáticas, Ciclo Medio de Electromecánica de vehículos, Ciclo Medio de Coidados auxiliares de enfermaría, Ciclo Medio de Peiteado e cosmética capilar, Ciclo Básico de Peiteado e estética, Ciclo Básico de Mantemento de vehículos ou Ciclo Medio de Atención a persoas en situación de dependencia.
Para complementar ditas ofertas, nesta xornada preténdese difundir a cultura do autoemprego, a través da realización de talleres que potencien as competencias emprendedoras entre o alumnado. Polo tanto, o obxectivo da actividade é difundir a existencia dos apoios que presta a Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego a aqueles que queren emprender, destacando a importancia de emprender con unha metodoloxía a través da actividade práctica “Elevator Pitch” para mostrar as fortalezas das persoas participantes e presentar solucións.
O programa da xornada será o seguinte:
10:30-11:10 h. Presentación da actividade.
11:10-11:50 h. Dinámica Elevator Pitch: reparto do guión para levar a cabo a dinámica, solución de dúbidas, presentación do Elevator Pitch e valoración deste coas correspondentes correccións e propostas de mellora.
11:50-12:00 h. Recollida de datos: obtención dos datos das persoas participantes para detectar posibles persoas emprendedoras.
12:00 h. Peche da actividade.
A dinámica terá lugar o 19 de marzo, no Salón de Actos do IES Lauro Olmo.