Difusión da cultura emprendedora no IES Indalecio Pérez Tizón

Dende 09 de novembro, 2023 - Ata 09 de novembro, 2023

O vindeiro xoves 9 de novembro, alumnos e alumnas da aula de emprendemento do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, visitarán as instalacións do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui visita o Polo de Silleda e terá a oportunidade de coñecer o labor da Rede de polos da Xunta de Galicia. As persoas asistentes participarán en diversas dinámicas ao redor do emprendemento e completarán a xornada cunha visita á cooperativa Trasdeza Natur, asesorada no Polo. 

Con esta actividade preténdese promover a cultura emprendedora entre o alumnado de centros de formación, dar a coñecer o Programa de Polos de emprendemento e as instalacións e servizos do Polo de Silleda.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresTrasdeza Natur

Voltar