Difusión da cultura emprendedora no IES Eduardo Pondal, de Ponteceso

Dende 24 de maio, 2024 - Ata 24 de maio, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Coristanco, a demanda do Instituto de Ensinanza Secundaria Eduardo Pondal (Ponteceso), realiza unha xornada de difusión da cultura emprendedora dirixida ao alumnado.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O próximo 24 de maio, o Polo de Emprendemento e apoio ao emprego Coristanco, levará a cabo unha xornada de difusión da cultura emprendedora, dirixida aos estudantes do IES Eduardo Pondal de Ponteceso. Os participantes realizarán diferentes dinámicas e actividades ao longo do desenvolvemento de dita xornada, as cales axudarán ao alumnado a familiarizarse co emprendemento e con todo o que este pode implicar para un posible futuro laboral. Descubrirán posibles ideas de negocio e analizarase a súa posible viabilidade. Con todo isto, os estudantes, preténdese, terán comprendido o que é o emprendemento e o que este implica. 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresIES Eduardo Pondal

Voltar