Dende 20 de novembro, 2023 - Ata 20 de novembro, 2023
O Polo de empredemento e apoio ao emprego Friol leva a cabo un taller para o fomento da cultura emprendedora no IES de Arzúa co alumnado da FP Agraria.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Friol visita a un grupo de estudantes dos diferentes ciclos de FP Agraria do IES de Arzúa, co obxectivo de levar a cabo un obradoiro de divulgación e fomento da cultura emprendedora, fomentando entre os máis novos a opción do emprendemento como unha saída laboral.
Con esta actividade preténdese dar visivilidad ao labor que presta a Rede de Polos e fomentar o emprendemento nas aulas, dando a coñecer a importancia de emprender cunha metodoloxía a través dunha actividade práctica "Ikigai" que permite detectar potenciais persoas emprendedoras.
A actividade levarase a cabo con duas sesións, o primeiro grupo de alumnos en horario de 10:50 a 12:30 horas, e o segundo grupo en horario de 12:50 a 14:30 horas.