Dende 28 de marzo, 2025 - Ata 28 de marzo, 2025
A actividade organizase no claustro interior do IES onde as entidades participantes estarán en stands con información acerca dos servizos que presta. O alumnado tanto do CEIP Plurilingüe Curros Enriquez, o CPR Sagrado Corazón como o propio IES Celanova iranse pasando o londo da mañá para coñecer os recursos que teñen dispoñibles tanto para continuar a súa formación coma para emprender.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Baños de Molgas participará cunha actividade de difusión da cultura emprendedora na xornada de formación e emprendemento que se celebrará o 28 de marzo no IES Celso Emilio Ferreiro. Nesta xornada, que se celebrará no claustro do instituto, as entidades participantes disporán de stands con información acerca dos servizos que prestan. O alumnado, tanto do CEIP Plurilingüe Curros Enriquez, o CPR Sagrado Corazón como o propio IES Celanova iranse pasando o longo da mañá para coñecer os recursos que teñen dispoñibles tanto para continuar a súa formación coma para emprender.