Difusión da cultura emprendedora no Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria do Parque Azul de Marín (EEIA), ubicado no espazo portuario de Marín.

Dende 04 de abril, 2025 - Ata 04 de abril, 2025

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Vilanova de Arousa, achégase as instalacións do Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria do parque Azul de Marín para divulgar a cultura emprendedora entre o público en xeral do Concello de Marín .

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O vindeiro día 04 de abril o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa, xunto co concello de Marín, organizan unha xornada de difusión da cultura emprendedora co obxectivo de que os participantes adquiran habilidades emprendedoras e comunicativas que melloren a súa empregabilidade, e os coñecementos necesarios para construír e validar unha idea de negocio. A xornada se levará a cabo nas instalacións do Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria do Parque Azul de Marín (EEIA), ubicado no espazo portuario de Marín en horario de mañá.

O programa ten coma reto principal axudar aos participantes a experimentar o emprendemento como opción profesional.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConcello de Marín

Voltar