Dende 13 de maio, 2025 - Ata 13 de maio, 2025
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda, achegase ao IES Pintor Colmeiro de Silleda para divulgar entre o seu alumnado de 4ºESO a cultura emprendedora
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
O Polo de emprendemento Silleda promociona a cultura emprendedora entre o alumnado de 4º ESO que está matriculado na materia de Economía e Emprendemento. A proposta de información estará enfocada na persoa e cultura emprendedora, así como nos retos para emprender e as axudas públicas ás que teñen acceso.
Está sesión dividirase en dúas fases: unha primeira de información e unha segunda máis dinámica que axude a reflexionar sobre o emprendemento e crear diálogo e debate entre os alumnos.