Difusión da cultura emprendedora no Obradoiro Dual de Emprego Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa

Dende 06 de marzo, 2024 - Ata 06 de marzo, 2024

Visita no Concello de Verea aos alumnos do Obradoiro "Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa" para presentarlles a Rede de Polos de Emprendemento e a difusión da cultura emprendedora.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento de Carballiño, a petición do Concello de Verea, achegaráse ao alumnado do Obradoiro Dual de Emprego "Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa", para levar a cabo unha xornada de divulgación e fomento da cultura emprendedora, presentando aos máis novos a opción do emprendemento como unha saída laboral.

A través de dinámicas grupais, a actividade pretende dar visibilidade aos servizos do polo e trasmitir ao alumnado o valor de emprender a través dunha metodoloxía. A visita terá lugar o día 6 de marzo, entre as 10:25 e as 13:00.


Presencial

Voltar