Dende 06 de setembro, 2024 - Ata 06 de setembro, 2024
Presentación da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego aos alumnos dos módulos de albanelería (EOCB0208) e xardinería (AGAO0108) do Obradoiro de Emprego “Concellos Rurais: Barbadás, Castrelo de Miño, Taboadela e Toén”.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
O Polo de emprendemento de O Carballiño, a petición do persoal técnico do obradoiro, achegaráse ao alumnado do Obradoiro de Emprego “Concellos Rurais: Barbadás, Castrelo de Miño, Taboadela e Toén”, para levar a cabo un obradoiro de divulgación e fomento da cultura emprendedora, presentando entre os alumnos de albanelería e xardinería, a opción do emprendemento como unha saída laboral.
A actividade pretende dar visibilidade aos servizos do polo e trasmitir ao alumnado o valor de emprender a través dunha metodoloxía. A visita terá lugar o día 6 de setembro, entre as 12:00 e as 14:00 horas.