Difusión da cultura emprendedora en Obradoiro de Emprego Ribeiro Formación

Dende 01 de marzo, 2024 - Ata 01 de marzo, 2024

Visita aos alumnos do Obradoiro de Emprego “Ribeiro Formación” dos módulos de albanelería (ECB0208) e forestal (AGAR0309) para presentarlles a Rede de Polos de Emprendemento e a difusión da cultura emprendedora.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento de Carballiño, a petición da Mancomunidade do Ribeiro, achegaráse ao alumnado do Obradoiro Emprego "Ribeiro Formación", para levar a cabo un obradoiro de divulgación e fomento da cultura emprendedora, presentando entre os máis novos a opción do emprendemento como unha saída laboral.

A través de dinámicas grupais, a actividade pretende dar visibilidade aos servizos do polo e trasmitir ao alumnado o valor de emprender a través dunha metodoloxía. A visita terá lugar o día 1 de marzo, entre as 10:25 e as 13:00.

 

 

 


Presencial

Voltar