Difusión da cultura emprendedora en P.I.E. Concello de Moaña 25

Dende 30 de abril, 2025 - Ata 30 de abril, 2025

O Polo de O Porriño levará a cabo unha dinámica de 75 minutos co alumnado do P.I.E. que tratará a detección de actitudes cara a desenvolver un emprendemento en áreas afíns aos seus gustos e capacidades persoais.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Porriño ofrecerá unha xornada de difusión e fomento da cultura emprendedora no Programa Integrado de Emprego do Patronato Beiramar de Moaña.

Con esta xornada, que se celebrará nas instalacións do Patronato, búscase dar a coñecer os servizos e a metodoloxía do Polo e presentar o emprendemento como unha saída laboral aos alumnos e alumnas do obradoiro, detectando posibles emprendementos entre eles.

A actividade terá lugar o mércores 30 de abril.


Presencial

Voltar