Difusión da cultura emprendedora en AFAOR

Dende 24 de xullo, 2024 - Ata 24 de xullo, 2024

Visita á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), para presentarlles os servizos da Rede de Polos de Emprendemento e a difusión da cultura emprendedora.

Categorías: Conectando o polo co sector...

O Polo de emprendemento de Carballiño, a petición da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), achegaráse ás instalacións da asociación, para levar a cabo un obradoiro de divulgación e fomento da cultura emprendedora, presentando aos asistentes o emprendemento como unha saída laboral e algún caso de éxito.

A través de dinámicas grupais, a actividade pretende dar visibilidade aos servizos do polo e trasmitir o valor de emprender a través dunha metodoloxía. A visita terá lugar o día 24 de xullo, entre as 11:00 e as 13:00.


Conectando o polo co sector...

Voltar