Dende 16 de setembro, 2024 - Ata 16 de setembro, 2024
O Polo O Porriño e a asociación AFAGA Alzheimer organizan un taller para presentar o Polo e a dinámica IKIGAI
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
A asociación AFAGA Alzheimer de Vigo xuntouse ca Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego para realizar un taller sobre a dinámica IKIGAI.
Os obxectivos desta sesión serán, por un lado, a detección de actitudes cara a desenvolver un emprendemento en áreas afíns aos seus gustos e capacidades persoais a través da exploración da dinámica IKIGAI e por outro a presentación do Polo O Porriño e a Rede de polos ás persoas usuarias de AFAGA.
O programa será o seguinte:
11:00-11:15 h. Recepción de asistentes e benvida
11:15-11:30 h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Porriño
11:35-12:45 h. Dinámica IKIGAI
12:45-13:00 h. Preguntas e dúbidas
13:00h. Peche da xornada
Esta sesión terá lugar o luns, 16 de setembro, en Vigo, e está pensada para que asistan as persoas usuarias de AFAGA Alzheimer.