Dende 28 de xaneiro, 2025 - Ata 28 de xaneiro, 2025
Co obxectivo de promover a cultura emprendedora e que as persoas participantes consideren o emprendemento como unha opción laboral viable, un grupo de estudantes do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol realizarán unha visita á Sede do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Ferrol o día 28 de xaneiro do 2025.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Ferrol, organiza esta actividade na que brinda a mocidade unha oportunidade única de coñecer de preto o ecosistema emprendedor e de analizar o emprendemento como unha saída laboral.
Durante a visita, as participantes serán recibidos polos técnicos en emprendemento do Polo de Ferrol. Xa se levaron a cabo varias iniciativas co centro educativo durante todo o ano 2024.
A través dunha charla introdutoria, mostraráselles aos mozos como o emprendemento representa unha alternativa laboral valiosa nunha contorna laboral en constante cambio, resaltando a importancia de habilidades como a innovación, a flexibilidade e o traballo en equipo.
A xornada incluirá unha visita guiada ás instalacións, onde os estudantes poderán coñecer os espazos de coworking e o seu funcionamento.
ColaboradoresCIFP Rodolfo Ucha Ferrol