Difusión da cultura emprendedora CIFP Rodolfo Ucha

Dende 02 de decembro, 2024 - Ata 02 de decembro, 2024

Co obxectivo de promover a cultura emprendedora e que os mozos consideren o emprendemento como unha opción laboral viable, un grupo de estudantes do Ciclo Superior de Asiscencia á Dirección do CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol realizarán unha visita á Sede do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Ferrol o día 2 de decembro.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Ferrol, organiza esta actividade na que blinda a mocidade unha oportunidade única de coñecer de preto o ecosistema emprendedor e de analizar o emprendemento como unha saída laboral. 

Durante a visita, os estudantes serán recibidos polos técnicos en emprendemento do Polo. A través dunha charla introdutoria, mostraráselles aos mozos como o emprendemento representa unha alternativa laboral valiosa nunha contorna laboral en constante cambio, resaltando a importancia de habilidades como a innovación, a flexibilidade e o traballo en equipo. As dúas xornadas incluirán unha visita guiada ás instalacións, onde os estudantes poderán coñecer os espazos de coworking e o seu funcionamento.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresCIFP Rodolfo Ucha Ferrol

Voltar