Difusión da cultura emprendedora CIFP Leixa Ferrol

Dende 05 de maio, 2025 - Ata 05 de maio, 2025

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol organiza para os días 5, 8 e 9 de maio 5 obradoiros dirixidos a estudiantes do CIFP Leixa de Ferrol co obxectivo de difundir a cultura emprendedora entre o colectivo estudiantil e promover o emprendemento coma unha posible alternativa laboral. Os participantes coñeceran da man das técnicas do Polo os servicios prestados pola entidade e os primeiros pasos e axudas para levar a cabo unha iniciativa empresarial.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Ferrol organiza para os próximos días 5, 8 e 9 de maio 5 sesións de traballo no CIFP Leixa de Ferrol que achegarán ao alumnado do centro educativo a opción do emprendemento como unha saída laboral.

Un total de 140 estudantes dos ciclos de laboratorio, preimpresión, animación, hixiene bucodental, farmacia, impresión e deseño, educación infantil e dependencia, coñecerán da man de técnicas en emprendemento os recursos e oportunidades de negocio existentes.

A duración de cada taller é de dúas horas e traballarase cunha metodoloxía de traballo práctica onde as persoas asistentes participarán de forma activa.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresCIFP Leixa Ferrol

Voltar