Difusión da cultura emprendedora no Secretariado Gitano de Ourense

Dende 20 de novembro, 2023 - Ata 20 de novembro, 2023

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño achegará a cultura emprendedora ás mulleres participantes na formación téxtil do Programa Sara que promove a Fundación Secretariado Gitano de Ourense nos concellos de O Carballiño e Maside.

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

O Polo do Carballiño, a petición do colectivo Fundación Secretariado Gitano de Ourense, presentará os servizos que presta a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego e facilitará unha formación para difundir a cultura emprendedora no sector téxtil.

Esta sesión está dirixida a mulleres do colectivo xitano que participan no Programa Sara Romí da Fundación Secretariado Gitano. As alumnas pertencen aos concellos de O Carballiño e Maside.

OBXECTIVOS

  •     Dar a coñecer ás alumnas o apoio ao emprendemento que poden recibir dende o Polo
  •     Dar a coñecer proxectos do sector que lles sirvan de inspiración
  •     Fomentar o emprendemento como saída laboral que lles axude a construir o seu propio camiño

A actividade terá lugar no Auditorio de O Carballiño.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresFundación Secretariado Gitano de Ourense

Voltar