Desenvolvendo a idea cooperativa | Programa Coopera Rural

Dende 09 de xuño, 2025 - Ata 09 de xuño, 2025

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a teleformación "Desenvolvendo a idea cooperativa" no marco da Rede Eusumo.

Categorías: Outra

 

 

📅 Do 9 de xuño ao 30 de xuño

💻 En liña

 

 

Obxectivos: 

  • Achegar o modelo cooperativo á mocidade para potenciar o emprendemento a través da fórmula do autoemprego cooperativo.
  • Mostrar de xeito práctico e achegado á realidade as condición e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
  • Achegar recursos e medidas de apoio existentes que favorezan o emprendemento colectivo na mocidade.
  • Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
  • Desenvolver habilidades persoais clave no traballo colaborativo.
  • Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.  
  • Elaborar conxuntamente o prototipo do proxecto.
  • Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor, tarefas a desenvolver e calendario de actuación

 

Contidos:

Módulo 1.- Identifica o teu proxecto cooperativo.

Módulo 2.- Analiza as áreas comercial e de mercado.

Módulo 3.- Estuda a viabilidade económica e financeira.

Módulo 4.- Planifica a área organizativa e os trámites de constitución.

 

 

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de patane@espazo.coop


Outra

Voltar