Deseña as túas promocións.

Dende 27 de febreiro, 2024 - Ata 27 de febreiro, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada organiza unha xornada formativa dirixida a persoas emprendedoras para aprender a deseñar as promocións dos seus negocios.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

Como parte dos traballos para o impulso da iniciativa "A Despensa de Ancares Terras de Burón", o Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada organiza un ciclo de actividades formativas dirixidas ás persoas emprendedoras que participan no proxecto, xa sexan produtores ou responsables de establecementos turísticos, co obxectivo de mellorar as súas habilidades comerciais.

Esta xornada estará adicada ao deseño e lanzamento de promocións dos negocios. Terá unha duración de tres horas.

A sesión formativa terá lugar nas instalacións da Casa do Concello de Baleira, o martes 27 de febreiro en horario de 16:30 a 19:30 h.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresGDR 3 Montes e Vales Orientais

Voltar