Dende 22 de novembro, 2023 - Ata 22 de novembro, 2023
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo organiza unha dinámica práctica na que identificar, co uso de human skills e autocoñecemento persoal, as distintas capacidades emprendedoras das persoas participantes.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
Nesta actividade práctica buscarase, a través de dinámicas de human skills e autocoñecemento, o descubrimento das capacidades emprendedoras individuais. Estas cuestións, que a miúdo tenden a subestimarse, son críticas e parte fundamental na continuidade dos negocios e na maneira de abordar os distintos retos.
O obxectivo é que os/as participantes sexan conscientes de que emprender é unha opción persoal e profesional, e que poden desenvolver e mellorar a súa capacidade de facela realidade.
Programa:
10:25 Introducción. Docente: Julio Flores. Director de proxectos e docente no grao de ADE en Cesuga, Director de Marketing EFBS
A miña idea de emprendemento
Creencias limitantes
Autoestima e automotivación
Lugar: Sala Multiusos Polo Mondoñedo; Rúa Julia Pardo Montenegro n13. Mondoñedo
Data: Mércores 22 de novembro de 10 a 13h