Descubre como os centros colaborativos de transformación alimentaria poden axudarche no teu proxecto

Dende 29 de maio, 2025 - Ata 29 de maio, 2025

Este será un encontro para poñer en contacto os produtores da zona de Deza - Tabeirós, para darlles a coñecer os espazos de transformación de alimentos da comunidade e que así, poidan crear produtos con valor engadido. Presentaremos exemplos das persoas que promoveron e dinamizan estes espazos, usuarios que viron facilitada a posta en marcha dos seus negocios a partir de este tipo de colaboración e expertos na transformación da castaña e da mazá.

Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais

Modalidades: Presencial

 

📅 Xoves, 29 de maio | 16:30–18:00 h
📍 Sede do Polo Silleda

 

Se traballas con produtos como a castaña, a mazá ou os cultivos da horta, e estás buscando unha maneira de facer medrar o teu proxecto, quizais este sexa o impulso que precisas. Ás veces, o salto está en transformar o que xa fas ben para darlle máis valor, diferenciarte e abrir novas oportunidades.

 

Neste encontro organizado desde o Polo de Silleda queremos presentarche os espazos de transformación alimentaria, lugares compartidos e profesionais onde poder dar forma a novos produtos sen necesidade de realizar grandes investimentos. Falaremos de iniciativas que xa están funcionando en Galicia e escoitaremos historias reais de persoas que, como ti, un día decidiron ir un paso máis alá.

 

Programa:

16:30 h – Recepción e benvida
16:35 h – Presentación do Polo de Silleda
16:40 h – Faladoiros con proxectos convidados:
A Fusquenlla – Centro de transformación de produtos do agro
Daquidarredor – Iniciativa colaborativa con produtores locais
• Consello Regulador da IXP Castaña de Galicia
• Unións Agrarias – Oficina da Estrada
17:10 h – Espazo de conversa e debate
18:00 h – Peche da sesión

 

Se estás pensando en dar un xiro ao teu proxecto ou en comezar algo novo a partir do que produces, esta é a túa actividade. Inscríbete e descubre todo o que pode ofrecerche un espazo compartido de transformación.

 

 


Presencial

Voltar