Deporte e turismo activo nos Montes de Paradanta e San Nomedio.

Dende 04 de abril, 2025 - Ata 04 de abril, 2025

O Polo de Emprendemento O Porriño, en colaboración co Concello de As Neves, organiza unha xornada técnica destinada a explorar as posibilidades de desenvolvemento do deporte e turismo activo na contorna dos montes da Paradanta e San Nomedio.

Categorías: Conectando o polo co sector...

📅 Venres, 4 de abril | 10:00-13:00 h

📍 Mercado Municipal das Neves


O Polo de emprendemento O Porriño, en colaboración co Concello de As Neves, organiza esta xornada técnica para analizar o potencial do deporte e turismo activo nos montes da Paradanta e San Nomedio.

 

Ao longo da xornada, exploraranse as oportunidades que ofrece o territorio a través da visión de distintos axentes implicados. Analizarase a situación actual, identificaránse os retos e debateranse accións para dinamizar a zona. 

 

Nesta xornada poderás...

✅ Identificar oportunidades de negocio no turismo activo e deportivo.
✅ Coñecer casos de éxito que che axudarán a desenvolver proxectos sostibles.
✅ Conectar con expertos e entidades clave para potenciar a túa iniciativa.
✅ Explorar espazos con gran potencial para emprendemento en As Neves.

 

Programa:

10:00 – 10:10 h  Benvida e apertura institucional

10:10 – 10:15 h Presentación da Rede de Polos de Emprendemento (Polo de emprendemento O Porriño)

10:15 – 10:30 h Situación actual
José Manuel, alcalde de As Neves falará da situación actual neste territorio e citará todos os recursos naturais e elementos patrimoniais que fan deste enclave un lugar con moito potencial. O reto, polo tanto, é poñer en valor todos estes recursos naturais e elementos patrimoniais para debater e pensar en accións que dinamicen o territorio.

10:30 – 11:30 Mesa coloquio: Que pode facer cada organismo para abordar o reto proposto?

  • Concello As Neves: José Manuel Alfonso González, Alcalde
  • GDR Terra e Auga: Francisco González Carracedo, Xerente GDR
  • Comunidades de Montes: Representantes das distintas comunidades implicadas
  • Xunta de Galicia: Marta Mariño, Directora Xeral de traballo autónomo e economía social

11:30 – 12:00 h Charla de turismo de experiencias (casos de éxito)
Rosa Ana Prieto Florines (Galicia Sensacións Turísticas - Galsentur) 

12:00 -13:00 h Visita a ubicación clave do Río Miño
Visitaremos un dos puntos con potencial de deporte-turismo activo na beira do Miño, cadaquén no seu transporte propio.

13:00 – 13:30 h Petiscos en Nande Hotel da Natureza
 

Inscríbete e aproveita esta oportunidade única para persoas emprendedoras, empresas e entidades que queiran impulsar proxectos sostibles e innovadores neste territorio! 


Conectando o polo co sector...

Voltar