Dende 03 de xullo, 2024 - Ata 03 de xullo, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada prepara esta sesión de traballo para potenciar a colaboración entre apicultores no territorio
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
Se es un apicultor ou apicultora en activo na zona da Fonsagrada e estás interesado ou interesada en cooperar con outras persoas que se dedican ao mesmo, o Polo da Fonsagrada organiza esta sesión para facilitar este intercambio de propostas.
Con esta xornada búscase potenciar a colaboración en ámbitos como a creación de marca, márketing e comunicación, loxística, distribución e venda do mel. Tamén terá como obxectivo crear comunidade sectorial e deseñar un proxecto piloto de cooperación entre apicultores.
O programa será o seguinte:
10:00-10:15 h. Presentación da sesión de traballo
10:15-11:15 h. Presentación das persoas participantes
11:15-12:15 h. Vantaxes da cooperación e áreas de cooperación posibles
12:15-13:00 h. Deseño dun produto mínimo viable de cooperación sectorial
13:00h. Conclusión e compromisos
A xornada terá lugar o xoves 3 de xullo no Polo da Fonsagrada, na Avenida Galicia nº 28 (A Fonsagrada).
Anímate a vir e potenciar o teu negocio!