Creación de contidos en Instagram

Dende 20 de marzo, 2025 - Ata 20 de marzo, 2025

Hoxe en día, a presenza dixital é clave para o éxito de calquera negocio. Se queres potenciar a túa marca en Instagram e atraer máis clientes, esta formación organizada desde o Polo de Friol é para ti!

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

 

📅 Xoves, 20 de marzo | 09:30 - 13:30h
📍 Sede do Polo Friol (Rúa Deputación, nº 18, 1º andar, Friol) 

 

Nesta sesión aprenderás as estratexias fundamentais para crear contidos visuais atractivos, mellorar o teu engagement e aumentar a túa comunidade de seguidores. Trátase dunha oportunidade perfecta para optimizar a túa comunicación dixital e impulsar o teu negocio.

 

Esta actividade capacitarate para...

  • Crear contidos atractivos e efectivos en Instagram.

  • Utilizar ferramentas dixitais para mellorar a túa estratexia de márketing.

  • Aumentar a interacción cos teus seguidores e fidelizar clientes.

  • Aplicar técnicas innovadoras para destacar fronte á competencia.

 

O programa é o seguinte:

09:30 - 09:35 h Presentación da actividade e obxectivos.
09:35 - 09:40 h Presentación dos participantes.
09:40 - 11:40 h Bloque teórico:

  • Introdución a Instagram como ferramenta de márketing.

  • Creación de contidos visuais efectivos.

  • Estratexias para aumentar o compromiso e os seguidores.

11:40 - 12:00 h Pausa para café e networking.
12:00 - 13:00 h Dinámica para a xeración de contidos.
13:00 - 13:30 h Resolución de dúbidas e peche do evento.

 

💡 Queres que o teu negocio destaque en Instagram? Esta é a túa oportunidade para aprender a crear contidos que realmente enganchen, conectar co teu público e aumentar as túas vendas. Inscríbete agora e empeza a marcar a diferenza!


Presencial

Voltar