Dende 02 de xuño, 2025 - Ata 02 de xuño, 2025
Acción formativa online grupal, de 2 horas e media. Formato: Teórico-práctico, con espazo para reflexión compartida e exemplos reais e consultas.
Categorías: Formación
Modalidades: Online
📅 Luns, 2 de xuño | 11:00–13:30 h
📍 Sesión online
Cada proxecto ten unha historia. O teu tamén. Pero... estás contándoa da forma que merece? Esta formación online, pensada especialmente para persoas emprendedoras do Polo Verín, axudarache a mirar con outros ollos a túa comunicación en redes sociais: a darlle sentido, propósito e emoción ao que compartes.
Durante dúas horas e media, e nun formato teórico-práctico, combinaremos ideas estratéxicas e ferramentas accesibles cun espazo de reflexión compartida, exemplos reais e tempo para consultas. Porque aprender a comunicar non vai só de técnicas: vai de entender quen es, que queres transmitir e como conectar coa túa comunidade.
Acompañarate o Laboratorio Creativo KTORCE, nun obradoiro dinámico onde traballaremos estratexias prácticas de comunicación, técnicas de storytelling que humanizan a marca, e recursos para escoller as plataformas e ferramentas máis axeitadas segundo as necesidades de cada proxecto. E non acaba aquí: ao rematar, poderás recibir seguimento personalizado e apoio para crear o teu propio plan de acción adaptado ao teu proxecto.
Programa:
11:00 h – Benvida e posta en común
11:10 h – Por que estás nas redes? Presenza ou estratexia?
11:40 h – Humaniza a túa marca: conecta coa túa audiencia
12:10 h – Que, cando e como comunico? Ferramentas e planificación
12:50 h – Facer máis con menos: investimento realista e enfoque
13:30 h – Peche e despedida
Descubre como facer da túa presenza nas redes unha acción consciente e efectiva, sen caer no automatismo ou no agobio. Inscríbete e aprende a analizar a túa situación, definir obxectivos realistas e coñecer ferramentas útiles para deseñar e programar contido!