O Polo de O Porriño acolle o vindeiro xoves 3 de outubro unha sesión formativa do programa Xerme, un programa promovido pola Xunta de Galicia e executado polo Clúster do Ecommerce Galego, para o apoio a proxectos que venden a través de internet.
Nesta sesión formativa Ergín Kamberov, experto en IA, facilitará as claves para construir chatbots aproveitando a IA.
A asistencia é aberta e gratuita ata completar aforo. A sesión comezará ás 10:45 e finalizará ás 13:30 horas.
Contidos da sesión:
Introducción a o uso da IA no Ecommerce
Ferramentas e ecosistemas da IA para o Ecommerce e o marketing
Chatbots especializados para o Ecomerce
Legalidad e consideración éticas
O lugar de celebración será o a sede do Polo O Porriño, rúa Ramiranes nº 9 (O Porriño).
Queres aprender máis sobre IAs e como poden impulsar o teu negocio? Inscríbete!