Dende 10 de abril, 2025 - Ata 10 de abril, 2025
O Polo de Friol organiza esta sesión formativa para aprender a crear campañas efectivas en Instagram e mellorar a visibilidade do teu negocio.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
📅 Xoves, 10 de abril | 09:30 - 13:30 h
📍 Sede do Polo Friol
Instagram é unha das plataformas máis poderosas para atraer novos clientes, especialmente para negocios de moda, alimentación, turismo ou servizos locais. Aínda que moitas persoas emprendedoras desexan usar Instagram para captar clientes, non sempre saben como crear campañas efectivas ou como optimizar os seus recursos.
O obxectivo desta formación, organizada desde o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Friol, é ofrecer as ferramentas necesarias para mellorar a competitividade da túa empresa a través de márketing dixital eficaz. A xornada combinará explicacións teóricas con exercicios prácticos, para que ao ramatar as persoas participantes poidan ter unha campaña lista para lanzar ou en fase avanzada de deseño, adaptada ás súas estratexias e recursos.
Nesta xornada aprenderás...
Estratexias para segmentar a túa audiencia e chegar ás persoas adecuadas
Como crear contido visual atractivo e impactante (imaxes, vídeos curtos, stories) que conecte co teu público
Exemplos reais e boas prácticas para mellorar os teus resultados en Instagram
Programa:
09:30 h – Benvida e presentación da actividade
09:35 h – Presentación das persoas participantes e necesidades
09:45 h – Como funcionan as campañas?
• Estrutura dunha campaña: obxectivos, audiencias, ubicacións e formatos
• Tipos de campañas recomendadas para emprendedores/as
• Casos inspiradores e boas prácticas
10:45 h – Ferramentas para crear contido visual impactante
11:30 h – Pausa Café & Networking
12:00 h – Obradoiro práctico: crea a túa campaña paso a paso
• Definición de obxectivos
• Segmentación da audiencia
• Creación do contido visual
13:00 h – Preguntas abertas, consellos finais e recursos
13:30 h – Peche da actividade
Se queres dar un paso máis na túa presenza dixital e mellorar os teus resultados en Instagram, non perdas esta oportunidade!