Crea o teu storytelling

Dende 23 de xaneiro, 2024 - Ata 23 de xaneiro, 2024

O polo de A Fonsagrada, organiza unha xornada formativa para aprender a contar a nosa historia emprendedora.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

Como parte dos traballos para o impulso da iniciativa "A Despensa de Ancares Terras de Burón", o Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada organiza un ciclo de actividades formativas dirixidas ás persoas emprendedoras que participan no proxecto, xa sexan produtores ou responsables de establecementos turísticos, co obxectivo de mellorar as súas habilidades comerciais.

Esta primeira xornada adícase á creación do storytelling de cada persoa produtora ou de cada establecemento participantes no proxecto "A Despensa de Ancares Terras de Burón".

 

 

A xornada terá unha duración de tres horas. Posteriormente, será complementada con titorías individuais, impartidas por técnicos especialistas do Polo de emprendemento e apoio ao emprego.

As tres accións que comprende este ciclo formativo son:

  1. Crea o teu storytelling.
  2. Aprende a presentar os teus produtos online.
  3. Escaparatismo e visual merchandising. Deseña a túa Despensa.

Lugar de celebración: Casa do Concello de Baleira.
Horario: de 16.30 a 19.30 h.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresGDR 3 Montes e Vales Orientais

Voltar